venres, 29 de xullo de 2022

29 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 E o último día do Campamento estabamos un pouquiño tristes porque remataba. Unha mágoa!!!

Nembargantes, en Cisneros non nos deixaron decaer e fixemos unha morea de actividades para rematar uns días para lembrar.

Fixemos camisetas "Tie Dye" o que ven sendo en galego, "atar-tinguir"; si... tinguimos camisetas de algodón para elaborar coloridos estampados de formas irregulares.

Mirade, quedaron moi bonitas e todas, todas, moi distintas.



Os profes organizaron unha "Busca do tesouro" que nos mantivo moi ocupados.

Tamén rematamos as nosas xoias feitas con pasta. Como lucimos con elas!!!

E ata tivemos tempo para xogo libre...

Un pouco de todo, coma sempre!!!












xoves, 28 de xullo de 2022

28 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros.

 Hoxe foi unha xornada na que fixemos un montón de cousas:

Paseamos pola cidade, percorrendo senlleiros lugares

Decoramos plumas de oca de Touluse e colocámolas nuha tarxetas que adornamos nós.

E visitamos a oficina principal de Correos de Ourense onde puidemos comprobar o proceso que seguen as cartas da man de Pepe que foi o noso guía particular.


Tamén aproveitamos a ocasión para ver a exposición filatélica que a Sociedade Miño ten sobre o Xacobeo no edificio de Correos. Tiago e Alba explicáronnos os detalles.

Ah!!! Tamén botamos as nosas cartas no buzón despois de poñerlle o cuño. Toda unha experiencia!!



Un  pouco de todo...



mércores, 27 de xullo de 2022

27 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 Hoxe tocounos demostrar as habilidades creativas construindo un gira gira; tamén tivemos tempo para o xogo coas compañeiras e compañeiros.

 

 


 

E no Taller de cociña, elaboramos unhas riquísimas brochetas con saborosas froitas variadas. Moi saudable!!!

 


Un pouco de todo...



martes, 26 de xullo de 2022

26 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 Despois da ponte, retomamos a semana con enerxía renovada e actividades diferentes.

Hoxe visitounos Beni Bouzada, activista pola seguridade viaria, de ATESUGAL-FETEVI. Pasamos un moi bo rato lembrando con el as normas que debemos cumprir non só nós, senón tamén os nosos pais e nais. 



 

Lembrades as flores que puxeramos a secar o primeiro día do Campamento??

Pois chegou o dís de empregalas. Fixemos uns marcapáxinas moi bonitos!!


E como cada martes, un grupo foi á piscina para seguir gañando confianza na auga e así converternos en expertos nadadores!!



Un pouquiño de todo...




venres, 22 de xullo de 2022

22 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros.

Hoxe, no Taller de manualidades creativas,  fixemos "Galaxy Jar" ou sexa uns Tarros galácticos con bolas de algodón, pintura, purpurina, ... Quedaron moi lucidos!!!

Rematamos a semana con Foliada Galega, ou sexa,  unha festa popular na que están presentes o baile e a música tradicional galega.

E para iso precisabamos dúas cousas: saber tocar e saber bailar. E diso encargouse a profe Ana. 

Coñecemos instrumentos de música tradicional e aprendemos a tocalos: pandeireta, pandeiro, cunchas,..

Tamén tivemos una introdución ao baile tradicional:

E, coma sempre, un pouco de todo para que nos vexades en acción...





xoves, 21 de xullo de 2022

21 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros.

 Como cada día, hoxe unha novidade, mellor, dúas!!

 A profe Tere ensinounos a bailar a danza oriental, xa sabedes esa que se caracteriza pola presenza de movementos suaves e fluidos onde se coordinan diferentes partes do corpo. Por exemplo, os brazos poden ir a un ritmo diferente do que vai a cadeira. Vaia..., que parecemos profesionais...

 
  

 E un Taller sensorial no que potenciamos e estimulamos as nosas habilidades perceptivas con diferentes elementos gustativos. Como soa isto, verdade?

 Tamén tivemos unha nova sesión de piscina.
 

 
 E non podían faltar os xogos de auga para poder refrescarnos...
 

 

Un pouquiño de todo para que nos vexades en plena acción...




mércores, 20 de xullo de 2022

20 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 Hoxe, na Escola de Verán de Cisneros, tivemos un día moi, moi especial centrado no malabarismo.

A profe Ana ensinounos a facer as nosas propias bolas de malabares empregando material reciclado. Usamos arroz, film e globos de cores polo que quedaron moi rechamantes!!


Despois, visitounos Celso Pereira, un excelente malabarista que nos ensinou os seus trucos para que consigamos facelo coma el. 


Por se non o sabedes...

 Os malabares axudan a desenvolver a atención, a motricidade, a concentración, a coordinación motora (sobre todo a ollo-man e a bimanual). Case nada!!!


E rematou a xornada cunha exhibición das súas habilidades nas que realizou malabarismos de lanzamento, de balanceo, xiroscópicos e de contacto para o que empregou: pelotas, mazas, diábolos e bastón do demo ou palo chino.

Unha pasada!! Mirade!!!




martes, 19 de xullo de 2022

19 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 Máis novidades no Campamento Cisneros 2022. Un Taller de tatuaxes que todas e todas recibimos encantados. Felices de mostralos!!

E seguimos completando o obradoiro de pulseiras. Non se nos resisten os abelorios que, por certo tamén se poden chamar doas; xa sabedes, referímonos a esas boliñas pequenas de vidro ou outro material, cun buraquiño polo que se enfía con outras pezas iguais formando colares, adornos etc.

Coma sempre... máis imaxes para que nos vexades a todos nas que se inclúen xogos e un ratiño de piscina!!
 
 

 



luns, 18 de xullo de 2022

18 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 Hoxe realizamos unha nova actividade. Tivemos un obradoiro de creación de pulseiras; unhas só con fíos, outras con abelorios. Somos uns artistiñas!!


 

 

Ademais unha chea de xogos dinámicos, xa sabedes,  xogos onde a interacción entre os xogadores é inherentemente dinámica; ou repeticións de xogos que normalmente se xogan só unha vez.


 Botade unha ollada ás imaxes e veredes qu ben o pasamos!!



venres, 15 de xullo de 2022

15 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 Rematamos a semana do Campamento de Verán coa continuaciñon do Taller de Filatelia. Hoxe, algúns de nós fixemos o noso primeiro álbum de selos coa axuda dos nosos monitores: Tiago, Alba e Martín.




 

Houbo xogos libres e cazáronos "no aire" mentres xogabamos a fútbol, baloncesto, á corda, ...


 

E rematamos coa feta da auga para calmar a calor. Moito rimos cos xogos e a mangueira...


Un pouquiño de todo...



xoves, 14 de xullo de 2022

14 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 Hoxe dedicamos un bo ratiño aos xogos. 

Uns foron colaborativos e noutros empregamos materiais variados. Siiii...por exemplo: sabedes que Ourense é terra de patacas; pois fixemos carreiras de sacos cos que empregan para envasalas.

Usamos os tradicinais, os que son de arpillera. Así que metemos os dous pés dentro e a saltar ata  a lliña de meta.

E outros a seguir aproveitando a auga na piscina..



Mía imaxes para que vexades un pouquiño de todo!!!




mércores, 13 de xullo de 2022

13 de xullo de 2022. Escola de verán Cisneros.

 Hoxe fortalecemos e equilibramos o noso corpo e a nosa mente xa que tocou Pilates, xa sabedes... ese método de exercicio que reeduca os movementos.


E como cada xoves tocou facer de Chef; cociñamos unhas soborosas galletas.



Todo isto ademais de facer manualidades.


 




martes, 12 de xullo de 2022

12 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros.

 Un novo día no Campamento no que puidemos disfrutar das actividades na piscina.


 

Tamén construímos algúns "artefactos" con material de refugallo. Si, crédenos; démoslle unha segunda vida a rolos de papel hixiénico, botellas de plástico, ... e, non vos contamos máis...


 Botade unha ollada e descubride as nosas creacións!!

 


 


luns, 11 de xullo de 2022

11 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 Comezamos a nova semana con animación á lectura para os máis peques e outras actividades novidosas para algúns de nós.




 

Un Taller de Filatelia no que tivemos de monitores aos nosos compañeiros, Tiago, Alba e Martín porque eles xa saben moito de selos. Comezamos aprendendo a despegalos e ao final da semana faremos algo con eles segundo nos contaron...



E como segue facendo moita calor en Ourense, recurrimos á auga en forma de xogos para refrescarnos.

Temos imaxes para que nos vexades en plena "faena"...

 

 


 


xoves, 7 de xullo de 2022

8 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 E rematamos a semana con moita marcha.

Tocou mover o esqueleto ao ritmo da música. Moito rimos!!!


 

E como ía moita calor, refrescámonos con xogos de auga



E como cada día, deixámosvos máis imaxes...



29 de xullo de 2022. Escola de Verán Cisneros

 E o último día do Campamento estabamos un pouquiño tristes porque remataba. Unha mágoa!!! Nembargantes, en Cisneros non nos deixaron decaer...